O Plan Renove de Fiestras é unha liña de axudas destinada a fomentar a redución do consumo de enerxía no sector doméstico, a través da rehabilitación dos ocos acristalados das fachadas, co fin de mellorar a eficiencia enerxética das vivendas e das edificacións. 

A contía da axuda ascenderá a un máximo de 100€/m2 de oco, cuns límites de 3.000€ por vivenda unifamiliar/piso e 50.000€ en edificios do sector terciario. Para o caso de comunidades de propietarios ou edificios de vivendas a axuda máxima será de 3.000 € por vivenda unifamiliar/piso co máximo de 50.000€ por edificio.

En calquera caso, a cantidade da subvención non poderá ser superior ao 25% do custo total da obra.

Actuacións subvencionables

Serán obxecto de subvención a través desta nova acción de promoción de aforro e da eficiencia enerxética do Inega a substitución de fiestras ou portas de balcón que separen estanzas calefactadas do exterior, sempre por outras de igual tamaño, e cando cumpran os requisitos de contar con marcado CE; de ser de carpintería de madeira, PVC ou metálica con rotura de ponte térmica de  12 mm ou de 6 mm. baixo emisivo; e de dispoñer de fiestra, contra ou cortinón en toda a superficie.

 En Arteal te gestionamos tu subvención del

Plan Renove de Fiestras 2011

y te podrás beneficiar de importantes ayudas para cambiar las ventanas de tu hogar

 

 

Procedemento para acceder ás axudas (máis información art. 10º das bases)

1. O comprador diríxese a unha entidade adherida ao Plan Renove de Fiestras 2011 e merca as fiestras que cumpran os requisitos.

2. A entidade colaboradora fai unha solicitude de reserva de fondos mediante a aplicación web habilitada ao efecto. O comprador asinaa para dar a súa conformidade.

3. A entidade colaboradora ten 180 días naturais, e nunca máis alá do 30 de setembro, desde o día seguinte á data de reserva de fondos para:

  • Instalar as fiestras.
  • Cobrar o importe da factura co desconto da axuda establecida.
  • Remitir a documentación ao Inega para o cobro da subvención.